Unidas Podemos Laxe eleva á Xunta Galicia os reiterados incumprimentos na última reforma da área infantil do Parque dos Voluntarios

por Redacción A Coruña

Detectan a insistencia nas irregularidades no cumprimento da normativa autonómica, trala recente reforma do devandito parque infantil acometida por valor de 50820€, do cal o 65% viña a través dunha subvención da Xunta. Esta obra foi rematada o 5 de decembro de 2023.

Regaldie sinala que «no parque principal da vila contémplanse deficiencias notables e claros incumprimentos da lei, a pesar de que foi restaurado e acondicionado hai relativamente pouco, e que pon en  perigo a seguridade dos nenos que fan uso de dita instalación, ademais da  imposibilidade de desfrute de moitos outros, pola falta de adaptabilidade, e o descontento dos pais»

No seu día, Unidas Podemos xa comunicara ao Concello e denunciado á Consellería de Familia a reforma acometida en 2017 na que se incumpría a normativa Autonómica, e na última insístese.  A normativa do Decreto 245/2003, de 24 de abril, polo que se establecen as normas de seguridade nos parques infantís y de accesibilidade universal segundo a Lei 8/1997, do 8 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, tanto no tema da sinalización, a obrigatoriedade da cobertura do 100% da superficie do recinto con caucho, como a de adaptabilidade nos elementos de xogo e accesibilidade para nenas e nenos con diversidade funcional ou mobilidade reducida.

Subliñan tamén que en lugares como Mórdomo, Traba, Boaño ou Soesto xa se observaron carencias tan graves como parafusos oxidados, pezas en mal estado, mesmo rotas e falta de mantemento en xeral, e que a día de hoxe seguen no mesmo estado.

En UP Laxe levan traballando activamente para intentar detectar problemas e deficiencias no ámbito dos parques infantís do concello, despois de recibir varias queixas e suxestións por parte das nais e pais da vila.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario