Un ciclista perdeu a vida en Lalín

por Redacción Pontevedra

As forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias que rodean este dramático suceso.

Daban as 18:40 horas da tarde cando o 112 Galicia recibía o aviso por parte dun particular dun ciclista que precisaba asistencia sanitaria urxente debido a que estaba inconsciente no chan. O suceso produciuse na estrada EP-6004, entre o quilómetro 4 e 5, en Gresande, Lalín.

Solicitouse a intervención inmediata do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os cales só puideron confirmar o falecemento da persoa.

A maiores, os xestores do 112 tamén informaron aos Bombeiros de Silleda, ao GES de Lalín, aos axentes da Garda Civil, Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario