O Concello é a máxima representación institucional da veciñanza da Coruña e as diferenzas suscitadas entre o Goberno Local e o Deportivo arredor do convenio que regula o uso do estadio municipal de Riazor non deberían ter impedido a presenza do equipo neste acto.
Goberno Local e Deportivo deberían informar con toda transparencia sobre os termos en que se están a producir as conversas a respecto da renovación do convenio de Riazor.
O BNG agarda que nos próximos días as diferenzas se podan reconducir e se poda realizar en María Pita a recepción do club por parte da institución, o Concello da Coruña, que representa a todas as coruñesas e coruñeses.