Castiñeira: “Cajoto debe reclamarlle a Sánchez a vivenda pública que prometeu en solares da Sareb como o de Vialmar en Foz”

por Redacción Lugo

«A Sareb forma parte do Estado polo que o alcalde de Foz debe negociar coa propia Sareb e co Ministerio de Vivenda para que se fagan neste terreno vivendas sociais e de protección oficial «, opina o voceiro do PP de Foz

O Partido Popular de Foz pídelle ao alcalde, o señor Cajoto, que lle reclame ao Presidente do Goberno a vivenda pública que prometeu en solares da Sareb como o de Vialmar en Foz, situado diante da Casa da Cultura. Hai que lembrar que o Presidente do Goberno e o PSOE compremeteron, no seu día, máis de 180.000 vivendas en solares desta índole.

“A Sareb forma parte do Estado polo que cremos que o alcalde de Foz debe iniciar as xestións e negociar coa propia Sareb e co Ministerio de Vivenda para que se fagan neste terreno as vivendas sociais e de protección oficial que prometeu Pedro Sánchez”, opina o voceiro do PP de Foz, Javier Jorge Castiñeira.

O Partido Popular, no seu día, fixo unha boa xestión que foi transformar a ordenación desa parcela, que ía nunha mazá pechada, e facer unha praza na esquina que suavizaría a ordenación desa zona.

“Pedímoslle ao Señor Cajoto que se poña mans á obra, que se poña a traballar. Entendemos que o prometido é débeda e, polo tanto, consideramos que é o momento perfecto para sacar esa promoción con fondos do Estado e coa colaboración da propia Sareb”, finaliza Jorge Castiñeira.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario