Cine-fórum no Vello Cárcere coa proxección da película «Las armas no borrarán tu sonrisa» este xoves ás 20:00
Contará coa presencia do seu director, Adolfo Dufour; de Javier Almazán, presidente do Colectivo por los Olvidados de la Transición (COT); e de varios integrantes do colectivo, que tras a proxección do filme participarán no coloquio. O acto está organizado pola Asociación Contracorrente, o Colectivo por los Olvidados de la Transición (COT) e o Foro pola Memoria de Galicia.
SINOPSE
«Las armas no borrarán tu sonrisa» conta a historia oculta da Transición; a daquelas persoas que loitaron para facer posible a democracia e sufriron o silencio oficial. Trátase dunha longametraxe documental que, centrándose en Arturo Ruiz, María Luz Nájera e os avogados de Atocha, sen esquecer as outras vítimas da loita pola democracia, lembra a aquelas persoas que no empeño por conquistar as liberdades perderon a vida na recta final da chamada «Transición democrática». A película recolle a incansable loita de Manuel Ruiz para que o seu irmán Arturo e as demais vítimas da Transición atopen a xustiza que se lles negou, e a súa causa non caia no esquecemento. Conta coa axuda doutro dos seus irmáns, Miguel Ángel, e de Javier, irmán de Ángel Almazán, outro mozo de 18 anos asasinado o 15 de decembro de 1976 nunha manifestación pola liberdade. Investigan para desvelar a oculta verdade do sucedido. Mais os obstáculos son poderosos, enmarañados entre os tentáculos de poderes fácticos.
«Las armas no borrarán tu sonrisa» é unha producción do Colectivo por los Olvidados de la Transición (COT) e Atrapasueños Cinema, e as músicas orixinais pertencen a Bernardo Fuster e Luis Mendo (fundadores do grupo Suburbano).