O BNG de Culleredo solicita a paralización dos pagos pola reforma da Praza de Galiza até aclarar varias irregularidades

por Redacción A Coruña

O BNG de Culleredo vén de reclamar ao goberno municipal a suspensión dos pagos á empresa adxudicataria da obra de reforma da Praza de Galiza e a súa contorna, contrato adxudicado por un importe de 1.177.215,12€. Despois de revisar os correspondentes expedientes, o BNG aprecia unha posible irregularidade no procedemento para nomear ao director ao director da obra.

Estamos a falar dunha obra pola que a veciñanza tense manifestado en numerosas ocasións diante dos evidentes incumprimentos por parte do Concello e da empresa adxudicataria, contrarios ao recollido no proxecto inicial. Por moito que o Alcalde, Sr. Rioboo, diga ter informes que digan que a obra cumpre o esixido polo xulgado para evitar as filtracións de auga ao interior, a realidade é terca e todo o mundo puido ver os vídeos no que se aprecia que a auga entra e se filtra por todos os niveis do garaxe como se non se tivera feito a obra. Nin a empresa nin o goberno municipal aseguran a impermeabilización que motivou a obra, nin foron quen de aclarar as evidentes modificacións realizadas ao proxecto sen que se teñan tramitado conforme marca a Lei de Contratos do Sector Público.

O Grupo Municipal do BNG de Culleredo solicitou xa ao goberno municipal a aclaración destas cuestións na vindeira Comisión Informativa de Presidencia. Entanto non sexan aclaradas estas cuestións, o BNG solicita a inmediata paralización dos pagos á empresa adxudicataria.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario