Os bombeiros do parque Comarcal de Betanzos liberan a unha persoa logo dun accidente de tráfico na AP-9F

por Jose Petalos Caranza

Os bombeiros interviñeron ao redor das 17:00 horas da tarde de hoxe nun operativo provocado por unha saída de vía na autoestrada AP-9F, á altura do punto quilométrico 1 en dirección á cidade da Coruña.

A persoa que conducía o vehículo tivo que ser liberada do mesmo, sen necesidade de ser excarcerada, antes de ser trasladada ao CHUAC. 

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario