Amnistía Internacional Galicia organiza o “Encontro sobre o dereito á protesta” en Santiago

por Redacción Galicia

Amnistía Internacional Galicia, en colaboración coa organización Defender a quién defiende, organiza un coloquio que leva por título Encontro sobre o dereito á protesta, que se celebra na Casa do Taberneiro o próximo martes 21 de maio a partires das 19h.

Nesta mesa redonda tomarán parte Serlinda Vigara de Defender a quién defiende e Daniel Canales, representante de Amnistía Internacional España. A cita completarase coa proxección posterior do documental No Callarem (2022) dirixido por Claudia Arribas, Violeta Octavio e Carlos Juan.

Serlinda Vigara. É Licenciada en Xornalismo e especializada en Política Internacional pola Universidade Complutense de Madrid. O seu traballo na loita polos Dereitos Humanos comezou nos campamentos de refuxiados saharauis en Tinduf (Arxelia) e continúa en Madrid en diferentes movementos sociais. Ademáis, é técnica de proxectos da área europea en Novact, na liña de traballo referente aos dereitos civís e políticos.

Daniel Canales. Érepresentante de Amnistía Internacional Madrid, é Licenciado en Dereito e Administración de Empresas pola Universidade Complutense de Madrid. Investigador de Amnistía Internacional especializado en Dereitos Humanos e xustiza internacional. Dentro da organización, é responsable de investigación para temas de Memoria Histórica e Xurisdicción Universal.

No Callarem. Ao rematar o acto, proxectarase este documental do ano 2022, dirixido por Claudia Arribas, Violeta Octavio e Carlos Juan. Esta obra repasa os casos de condea a cárcere dos rapeiros Pablo Hasel, Valtònyc e Elgio dende unha perspectiva persoal e artística. Este exemplo, permite valorar a importancia do dereito á liberdade de expresión en primeira persoa, conectando coas historias destes artistas perseguidos polas letras das súas cancións.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario