O Pequebasket converte a Carballo na capital galega do baloncesto infantil

por Redacción A Coruña

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o presidente do Xiria, Primitivo Reguera, asitiron hoxe no pavillón polideportivo Bergantiños de Carballo á inauguración da décima edición do Pequebasket, que durante toda a xornada congrega na localidade a máis de 400 nenos e nenas de entre 5 e 8 anos de 36 equipos de toda Galicia para gozar do baloncesto e de numerosas actividades lúdicas para toda a familia.

Formoso felicitou ao presidente do Xiria polo «extraordinario traballo de promoción do deporte que realiza» nas súas escolas de baloncesto e balonmán e ao alcalde de Carballo pola colaboración do Concello na organización do Pequebasket, «unha referencia entre as competicións do seu ámbito» e subliñou o apoio da Deputación da Coruña ao deporte de base con eventos coma este, que reúnen cada ano a centos de pequenos deportistas.

O presidente da Deputación realizou o saque de honra do partido entre o CB As Pontes e o Cluny Blanco.

Ao longo de todo o día, o baloncesto será o protagonista en Carballo. 

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario