No “Balance de Criminalidade” que publicou, este venres, 17 de Maio, o Ministerio do Interior de España e que recolle todas as infraccións penais rexistradas por comunidades autónomas, baseándonos no contido deste relatorio de datos, entre xaneiro e marzo deste ano 2024, no primeiro trimestre, producíronse en Galicia 23.058 delitos, un 3,2% máis que nos mesmos meses do período do anterior 2023.
Aumentaron pois, con especial notoriedade, as fraudes, estafas e a ciber-delincuencia. Ascenden tamén lixeiramente ata superar a barreira das 50 violacións con penetración, suben os asasinatos dolosos e incrementan os roubos con violencia e os delitos relacionados co narcotráfico. O resumen deste informe tradúcese en maior inseguridade e un aumento importante no conxunto do Estado destes delitos que afectan a tódolos cidadáns producindo sentimentos de indefensión e un estado xeral de inseguridade pois as porcentaxes non fan máis que medrar ano tras ano.
Calo, recorda que para UCIN “os intereses dos cidadáns están por diante de todo” e insta que se poñan os medios para reducir unhas cifras “de vértigo” añade