Rodil pide á Xunta que dote o PAC de Lugo de persoal suficiente

por Redacción Lugo

Olalla Rodil «Trasladaremos ao Parlamento Galego as queixas veciñais e do persoal sanitario polas demoras da pasada semana»

Este fin de semana no PAC de Lugo situado no CIS da Residencia sufríronse longas esperas e colas pola falta de médicos, Especialmente complicada foi a situación o xoves e o luns onde só houbo dous facultativos cando ese PAC ten asignados 3 equipos.

«Non pode ser que seis meses despois de trasladar o PAC ao CIS da Residencia a situación sexa esta» denunciou a deputada nacionalista. A Consellaría de Sanidade ten «que dotar de medios suficientes o PAC para que non se repitan situacións como a da pasada semana» con xente esperando catro horas para ser atendida ou acudindo ao hospital por falta de medios no PAC.

«Desde o BNG pedímoslle á Xunta que dote dun cuarto equipo o PAC de Lugo, como pide o persoal sanitario, para garantir o correcto funcionamento do mesmo e, sobre todo, a máxima calidade na atención sanitaria da poboación» explicou Rodil

«Cómpre lembrar que o PAC conta con tres equipos entre as tres da tarde e as dez da noite» afirmou Rodil que engadiu «mais que non sempre están no centro por diversas causas (visitas domiciliarias, traslados hospitalarios…), a pasada semana mesmo pola incapacidade do SERGAS de contar con médicos suficientes»

«É evidente, despois do acontecido, que estes equipos son insuficientes e precísase máis persoal» concluíu a parlamentaria nacionalista

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario