O PP consigue a unanimidade no 50% das proposicións que presenta a pleno

PLAN MELLORA ACCESOS LUGO

Conseguimos UNANIMIDADE da corporación para desenvolver un PLAN DE MELLORA DE ACCESOS A LUGO en coordinación coas administracións titulares de cada vía.

Tal e como están agora moitas das entradas ofrecen unha mala imaxe aos viaxeiros ademais  de ser inseguras xa que “falta iluminación, mantemento do firme,  limpeza en profundidade nalgunhas infraestruturas como a ponte branca así como renovar e mellorar a sinalización”

Resulta chamativa que a intervención da alcaldesa certifique o que pensan moitos lucenses a falta de ambición de Paula Alvarellos xa que presumiu como se fose un logro invitar ao Ministro de Fomento a que visite Lugo.

As visitas deben vir con compromisos e financiamento. Os deberes xa os ten riba da mesa

RESERVA PRAZAS DE APARCADOIRO FARMACIAS

PSOE e BNG apoian a proposición para estudar a través do gabinete de tráfico a proposta consensuada co Colexio de Farmacéuticos para reservar prazas de aparcadoiro nas inmediacións das farmacias.

Esta petición facilitará á cidadanía a compra de medicamentos de forma rápida solucionando as  dificultades de estacionamento que hai en certas zonas da cidade para acceder a dito servizo.

CONTIDO E PROGRAMACIÓN ESTABLE NO PACO MARTÍN

O PSOE afirma que o centro interxeneracional Paco Martín do barrio da Piringalla se AUTOXESTIONA polas persoas que queiran entrar no edificio e facer o que lles interese para socializar.

Así xustifican que teñan aberto outro edificio sen uso da colección inmobiliaria municipal.

Os socialistas manteñen que o Paco Martín non é un centro convencional e votaron en contra de que teña  CONTIDO E PROGRAMACIÓN estable.

SOLUCIÓNS DE MOBILIDADE E ESTACIONAMENTO

Socialistas e nacionalistas votan en contra de crear unha rede de aparcadoiros en altura en distintos puntos da cidade.

Seguen sen aceptar que faltan zonas para aparcar e negan que existan  problemas de mobilidade en Lugo demostrando que viven de costas á cidadanía.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios