Amigos das árbores. Mañá 23 de maio, celebrarase a primeira xuntanza do Consello Forestal de Galicia do ano 2024

por Redacción Ourense

Este consello, creado polo Decreto 306/2024, cumpre este ano 20 anos, un bo intre para que comece a cumprir minimamente a exposición de motivos recollida no seu decreto de creación.
O Consello Forestal nunca cumpriu os principios básicos do que ten que ser un órgano colexiado representativo, neste caso do sector forestal, non os cumpriu por que a Xunta de Galicia non quixo e segue sen querer que os cumpra.
Posiblemente me equivoque, mais considero que son horas que as distintas organizacións fagamos fronte ao «negacionismo social» practicado pola Xunta de Galicia nos distintos consellos ,pois o único que fan con eles e usalos cara a opinión pública, demostrar que teñen en consideración e respectan as normativas e as directivas comunitarias. Lembrar que tanto nas normativas como nas directivas afirmase que a participación pública é un eixo fundamental para aplicar políticas sociais, políticas medioambientalmente e socialmente sustentables «achegar as propostas, ideas e subxestións das persoas da rúa ás institucións públicas».
Nós mañá non imos estar e por iso mandamos a queixa que achego.
Intentaremos falar coas distintas organizacións para, polo menos, rematar con estas prácticas que leva adiante a Xunta de Galicia.
PLADIGA 2024, aprobado o 15 de abril polo Consello da Xunta de Galicia, mañá expoñeranllo aos vogais do Consello Forestal

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario