Inés Rey: «Estamos diante dunha oportunidade histórica para definir entre todos como será A Coruña do futuro»
O Palacio Municipal de María Pita acolleu hoxe o acto de sinatura do protocolo de colaboración interadministrativa que implicará ao Concello, a Xunta de Galicia, o Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, Puertos del Estado, Adif e a Autoridade Portuaria da Coruña na futura reconfiguración dos espazos portuarios interiores da cidade.
Inés Rey apuntou, na súa intervención, que «este proxecto, Coruña Marítima, trascende ás nosas responsabilidades actuais: é un elemento central da segunda gran modernización da cidade que me comprometín a liderar. Estamos diante dunha oportunidade histórica de definir entre todos como será A Coruña do futuro».
Ademais, a alcaldesa sinalou que «coa reordenación do espazo portuario interior da Coruña e do espazo ferroviario da estación de mercancías de San Diego se trata de favorecer a integración porto-cidade, resolvendo os problemas de mobilidade e o déficit de espazos e de dotacións públicas dos barrios limítrofes, e, ao mesmo tempo, de contribuír a garantir a competitividade e sostibilidade financieira da Autoridad Portuaria, así como a mellora das infraestruturas e instalacións ferroviarias de transporte de mercadorías».
A rexedora tamén incidiu en que «o principio reitor básico de Coruña Marítima será o mantemento da titularidade pública dos espazos para garantir a accesibilidade cidadá».