Gala fin de curso da Asociación Cultural Raigañas

por 21 Noticias

Un ano máis a Asociación Cultural Raigañas pon fin ó curso de actividades cunha gala que celebrará este sábado 25 no centro cívico de Malpica a partir das 19:30 h.

Como nos últimos anos, a escola de música e baile de Raigañas fai unha demostración do aprendido durante o curso. Comenzará co espectáculo de baile moderno e deseguida dará paso ó espectáculo de música e baile tradicional. A temática deste ano vai sobre a recreación dun casamento dos de antes, que se celebraban nas casas co baile da Regueifa incluído e algunha que outra sorpresa.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario