O 6 de xullo, no Páramo, décima xornada do Xeodestino e Guido Guía

por Redacción Lugo

Onte tivo lugar a presentación da décima xornada viaxeira “Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía”. Esta será a última xornada do I ciclo de xornadas viaxeiras do Xeodestino e Guido Guía, que iniciarán o II ciclo este mesmo verán.

Benjamín García, Verónica Arias (concelleiros do Concello de O Páramo), Lucía Sánchez (técnico do Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa), e Guido Álvarez (impulsor do proxecto Guido Guía) anunciaron os primeiros detalles dun sábado 6 de xullo no que volverán a reunir historia, cultura, natureza, gastronomía e música.

Este proxecto engloba a 10 concellos das comarcas de Lugo e as Terras da Ulloa (Antas de Ulla, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo e Rábade) nos que nos vindeiros meses irán facéndose un II ciclo de xornadas do que é un proxecto a longo prazo para poñer en valor as riquezas do territorio, e ao mesmo tempo promover vínculos sociais e culturais tanto de proximidade como con visitantes de máis lonxe que se animen a participar.

Guido Guía

Guido Álvarez Parga (proxecto Guido Guía) é un turismólogo, profesor universitario (no Grao de Turismo da UNED en Lugo) e guía moi recoñecido a nivel lucense e galego polas súas iniciativas turísticas e culturais diferentes e innovadoras. Foi recoñecido cun dos premios “Lucenses do ano 2020”, co Travelers Choice da plataforma TripAdvisor nos anos 2022 e 2023, e outros galardóns que o acreditan na súa labor profesional.

A inscrición para esta actividade é gratuíta, e pode facerse a través do correo info@comarcadelugo.gal e do teléfono 982 238 000

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario