Antonio Ameijide ve positiva a venda de dúas parcelas en Friol e Chantada e a bonificación do 30% en Cospeito pero incide en que é preciso rebaixar aínda máis os prezos das parcelas incluso “por debaixo do prezo de custo xa que a Deputación non está para facer cartos senón para axudar a que medre a economía da provincia e para favorecer o asentamento empresarial” como fan outras administracións
Os deputados do Grupo Provincial Popular esixen a José Tomé, ao PSOE e ao BNG “maior ambición” na venta das parcelas dos polígonos industriais provinciais ao ver como anuncian como “un éxito de xestión” a venda de dúas parcelas (unha en Friol e outra en Chantada) e a bonificación das parcelas de Cospeito nun 30%.
O voceiro popular, Antonio Ameijide, explica que pese a que “nos alegra a venda destas parcelas e de que estamos de acordo co anuncio desa bonificación vemos necesario maior compromiso na venta das parcelas” polo que “sería necesaria unha maior bonificación dos prezos” como xa ocorreu noutras zonas industriais da provincia, poñendo como exemplo a Xunta de Galicia que bonifica directamente o 50% do prezo de venta das parcelas no polígono de As Gándaras.
Neste senso, Ameijide critica “a dobre moral” de Tomé, o PSOE e o BNG que hai uns días votaron no pleno en contra dunha iniciativa do Grupo Provincial Popular para poñer en marcha un plan de impulso do solo industrial da Deputación de Lugo que incluía medidas como que o goberno provincial levara a cabo un plan de impulso dos polígonos industriais da súa titularidade na provincia con campañas de captación de investimentos a través da busca activa de empresas e emprendedores para o seu asentamento nestas áreas, o estudo de bonificacións do prezo ou outros incentivos para a venda de parcelas.
Ademais, esta proposta tamén incluía que a Deputación de Lugo constrúa os 21 polígonos industriais comprometidos nos diferentes concellos da provincia e que aínda están pendentes. “Se queremos que se asenten iniciativas empresariais e proxectos de vida na provincia, sobre todo naqueles municipios rurais, é imprescindible rematar estes polígonos e dar facilidades para que veñan empresas”, sentenciou.
“Vemos como votan en contra das nosas propostas para logo poñelas en marcha como se fosen da súa iniciativa”, sinalou.
No referente á venda das parcelas nos polígonos de Friol e Chantada, o voceiro popular envía unha pregunta a José Tomé: “sería convinte que reflexionase sobre o por que quen quere iniciar un proxecto empresarial elixe municipios con alcaldes do Partido Popular”.
Ameijide pon como contrapunto o que sucede co polígono de Castroverde, municipio cun alcalde do PSOE, rematado hai anos e no que a venda das parcelas é moi complicada e que conta cun mínimo asentamento empresarial.
Neste senso, o voceiro popular recorda que a Deputación conta a día de hoxe cunhas 130 parcelas pendentes de venda, polo que fai unha reflexión moi clara: “é preciso bonificar os prezos, incluso vender por debaixo do prezo de custo xa que a Deputación non está para facer negocio, senón para favorecer o asentamento empresarial e axudar a que a economía medre”.