Mar Carballas: “O goberno local de Lugo non estudia os temas e dá largas as nosas peticións con obviedades”

por Redacción Lugo

No caso do  BNG “nin escoita, nin le as reclamacións da veciñanza tal e como se demostra no balanzo do informe da comisión de suxestións”

O PP acusa ao BNG de desincentivar á cidadanía a utilizar a Comisión de Suxestións retrasando as contestacións fóra do prazo legal que é de tres meses  “normalizando o retraso nas contestacións ás queixas que a veciñanza  presenta”.

A concelleira popular Mar Carballas explica que a representante nacionalista “non ve mal que o  40% dos informes do ano 2023 se contesten fóra de prazo e que teñan a 14 veciños sen responder ás súas demandas relativas á cuestións de mobilidade, augas e medio ambiente”.

Hoxe tamén se confirma que os nacionalistas non teñen interese algún en escoitar á comunidade educativa xa que acaban de informar que o 29 de maio convocan o Consello Escolar. É unha tomadura de pelo que activen este organismo co curso a piques de rematar e que só fagan esta convocatoria pola insistencia do Paritdo Popular. A primeira petición que fixemos neste mandato foi en xullo de 2023.

Outras dúas cuestións que afectan a áreas xestionadas polos nacionalistas son o impulso dunha rotonda física en  Ramón Ferreiro que en outubro dixeron que estaban co proxecto pero hoxe se confirma que non hai nada feito e que nin tan sequera contemplaron orzamento para ela e os problemas de mobilidade do Carril das Flores froito da improvisación da peonalización desta vía.

Os populares manifestan que “a sensación que temos cando saímos das comisións é que o goberno local non prepara as respostas e intenta darnos largas con obviedades”.

Por exemplo a petición para que limpen unha fina de maleza en Fontiñas, que preocupa moito á veciñanza, por cuestións de seguridade e salubridade,  porque está ao lado de edificios. Aquí nos contestan que é un expediente engorroso unha excusa como outra calquera porque poden limpala por vía  de execución subsidiaria e pasar a factura aos propietarios.

O goberno local tamén hoxe recoñeceu o mal estado do parque dos Paxariños e a petición do PP comprométese a adecentar a zona, limpar pintadas e repoñer varandas caídas deste espazo.

Por último, é indignante que se escuden en que deixan á veciñanza de Cacabelos e Santalla de Mazoi sen asfaltar a pista que pasa por estos núcleos. Din que por criterios técnicos escolleron outra da contorna para adecentar.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario