O Festival We Tattoo difundirá as artes corporais esta fin de semana na Praza de Abastos de Lugo

por Redacción Lugo

O Festival contará coa participación de 5 tatuadores lucenses, ademais de influencers e durante toda a xornada haberá animación musical e mostras das escolas lucenses de baile

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e a concelleira de Participación, Cristina López, presentaron o festival de artes corporais We Tattoo, que se celebrará na Praza de Abastos esta fin de semana. A concelleira de Participación destacou «a diversidade de actividades que pode acoller a Praza de Abastos e o Mercado Municipal, espazos polivalentes ubicados nunha zona privilexiada como é Quiroga Ballesteros».

O festival We Tattoo contará con cinco tatuadores lucenses que realizarán mostras durante toda a fin de semana, entre as 11:00 e as 21:00. As xornadas contarán coa animación de influencers recoñecidos no mundo da tatuaxe e mostras das escolas Star Dance e Gravity, ademais de DJs e concertos. As persoas asistentes poderán participar en sorteos e coñecer máis de preto o traballo das e dos profesionais participantes.

Todas as actividades serán abertas ao público e gratuítas.

O programa completo pode consultarse na web

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario