Betanzos será a sede da Fase de ascenso á Liga EBA

por Redacción Deportes

O Ineltrón Santo Domingo, o equipo local, visitou as instalacións do seu patrocinado

Tras varios meses de competición, a Primeira Nacional chega á súa cita final: catro equipos, uncampionato e dúas prazas de ascenso á liga EBA. Aínda que o formato de competición non premie aoprimeiro da liga, obrigándoo a medirse en igualdade de condicións aos outros tres equipos clasificados,nada quita a excepcional temporada realizada polo Ineltrón Santo Domingo, que chega a esta fase finalcun total de 24 partidos gañados e tan só 2 perdidos, de aí que o equipo quixese celebrar a marca cunhavisita ás instalacións do seu patrocinador, a empresa betanceira, con implantación internacional, IneltrónSolutions SL.

A Fase, que terá como sede o pavillón do Carregal, celébrase o sábado 25 e o domingo 26 e, á marxede dilucidar quen será o campión da Primeira División Masculina FGB, como xa se apuntou, outorga dúasprazas para a liga EBA 24/25 organizada pola FEB, precisamente, aos gañadores dos cruces.

Fase Final-Primeira División Masculina da Federación Galega de Baloncesto Primeira semifinal, sábado 25, 18h: Sigaltec Vilagarcía-Porriño Godoy Maceira.Segunda semifinal, sábado 25, 20h: Ineltrón Santo Domingo Betanzos-Club Baloncesto Cambre3º-4 posto, domingo 26, 17hFinal, domingo 26, 19h

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario