Katy Varela fai esta petición despois de ver como o rexedor «unicamente informa e saca peito» naquelas resolucións da xustiza favorables ao Concello mentres que garda silencio con aquelas que se resolven en contra dos seus intereses
A voceira popular afea que o alcalde informase hoxe publicamente dunha sentenza favorable ao Concello de Monforte identificando publicamente con todo tipo de detalle aos veciños aos que gañou o litixio
· Katy Varela sinala que, pola contra, Tomé calou cando o xulgado fallou en contra dos seus intereses ao anular o decreto de alcaldía 2022/857, de 1 xuño de 2022 sobre a resolución do contrato de adxudicación de parcelas de solo industrial no polígono do Reboredo
· Os populares critican a falta de transparencia en moitos asuntos como na petición de información sobre aquelas sentenzas e autos que afecten ao Concello de Monforte: «hai quince días que pedimos a información e aínda non a puxo a disposición»