Atopan sen vida na súa vivenda a un veciño de Suxo en Muxía

por 21 Noticias

Sobre as 18:00 horas deste sábado, foron requeridos os membros de Protección Civil de Muxía polo 112 Galicia, debido a que unha veciña alertaba de que non tiña noticias do seu pai dende facía varios días, residente no lugar de Suxo, no Concello de Muxía.
Ata o punto mobilizáronse catro voluntarios con vehículo VIR.
Unha vez no punto colaboran cos ADC Bombeiros Costa da Morte, Policía Local e 061 Urxencias Sanitarias de Galicia. O acceder a vivenda por unha xanela, no interior do domicilio comprobaron que dita persoa estaba falecida.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario