Falece un bombeiro en Vigo ao caerlle unha parede enriba

por Óscar de Souto

Inmediatamente, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou unha ambulancia ata o lugar do suceso, e á Policía Nacional.

Trala súa chegada ao punto, as urxencias sanitarias só puideron certificar o falecemento do bombeiro.

: Os feitos foron postos en coñecemento do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) para prestar apoio aos familiares e compañeiros da vítima.

O Concello de Vigo decreta un día de loito

O Concello de Vigo quere trasladar o seu máis sentido pésame á familia e amizades de S.S.D., bombeiro de Vigo, que faleceu esta mañá nun accidente laboral polo derrubamento de parte da cuberta dun edificio no que se atopaba prestando servizo.
O Concello amosa o seu recoñecemento a todo o corpo de bombeiros de Vigo polo traballo que desenvolve cada día e decreta un día de loito oficial na cidade coas bandeiras ondeando a media hasta. O alcalde e o goberno municipal suspenden todos os seus actos oficiais en sinal de respecto e na memoria deste traballador falecido hoxe en acto de servizo.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario