A voceira popular agradece “o apoio económico do goberno galego para poñer en valor este edificio, de indiscutible peso histórico e cultural”.
Con esta achega, a través dun convenio bianual a Xunta de Galicia, dá curso a unha das demandas da sociedade recreativa do Círculo das Artes, trasladada pola propia directiva asegurando “ter chamado a todas as portas para poder facer fronte á merecida conservación dun inmoble tan importante para a nosa cidade”.
A popular salientou que “ninguén dubida que existe unha simbiose recoñecida, aceptada e valorada por todos os lucenses entre o Círculo e a cidade” polo que a autorización do convenio que hoxe aprobou á Xunta “fai xustiza a unha vella reclamación dunha entidade que contribúe á dinamización da actividade cultural do municipio”.
Os populares tamén destacan que outro aspecto importante deste convenio e que permitirá, previo acordo coa Xunta de Galicia, facilitar o acceso a entidades culturais e a artistas ás instalacións da sociedade co ánimo de “abrir este espazo, tan emblemático, ao talento dos lucenses”.