Ecoloxistas en Acción denuncia ante a Fiscalía o vertido contaminante da cidade deportiva do Celta 

por Redacción Vigo

Ecoloxistas en Acción ven de interpoñer unha denuncia ante a Fiscalía de Vigo solicitando que se abran dilixencias penais contra a SAD Celta por delito contra o ambiente e contra a saúde pública, polo vertido contaminante procedente das instalacións deportivas do Celta en Mos, que está vertendo residuos sobre os mananciais das traídas veciñais das parroquias mosenses de Tameiga, Petelos e Sanguiñeda.

Os resultados da analítica do vertido encargada por Ecoloxistas en Acción reflicten un altísima concentración de fecais e tamén a presenza de varios compostos químicos asociados aos pesticidas e fertilizantes habitualmente utilizados no coidado e mantemento dos campos de fútbol. 

Para a organización ecoloxista as declaracións do alcaldesa de Mos veñen a confirmar a súa denuncia. O Concello de Mos recoñece xa que a tubería procede das instalacións do Celta e que ademais é un emisario do aliviadero dunha cuba de recollida de augas residuais dos regos. Cando a cuba se enche, esta rebosa e se alivia a través de tubería que verte no monte. Isto demostra que o vertido non é inocuo, xa que conten augas resduais contaminantes. Ademais a Confederación Hidrográfica Miño Sil confirmou que o vertido carece de autorización e que iniciou un expediente para investigar o vertido.

«O vertido contaminante procedente da Afouteza é claramente un delito contra o ambiente, pero tamén un delito contra a saúde pública. A poucos metros, ladeira abaixo, do vertido atópanse varios mananciais das traídas de auga que corren un grave risco de contaminarse, se non o están xa. A infltración nos manancias de productos contaminantes pode afectar ás persoas e terse que clausurar as captacións de auga deixando a miles de fogares sen auga de boca» denuncia Xaquín Pastoriza, coordinador de Ecoloxistas en Acción Vigo. Ademais, sinala que no caso de Mos, o Concello carece dun servizo municipal de subministración de auga ás casas co que suplir a clausura das captacións veciñais e particulares.
Ecoloxistas en Acción nega a validez da analítica encargada polo Concello de Mos porque este análese efectuose dias despois de que a prensa recollera o seu comunicado denunciando o vertido e cando o caudal do vertido, segundo varias inspeccións de membros da organización ecoloxista, non é máis que un hilillo de auga, en vez do gran caudal que manaba anteriormente.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario