Estes fondos estaban destinados á contratación de persoal para a Aula Activa do Mar e o Museo Manuel Antonio, servizos esenciais para o desenvolvemento cultural e turístico da nosa localidade.
Preocúpanos especialmente as afirmacións do alcalde Julián Bustelo no Pleno do 25 de Abril, asegurando que a situación estaba solucionada, nos atopemos agora con esta perda significativa de recursos. Esta situación pon en evidencia unha xestión deficiente dun goberno en Minoría, manifestando así mesmo a carencia de seguemento das propostas e unha falta de responsabilidade coa veciñanza e co sector turístico Rianxeiro.
Esta situación exposta en pleno asegurando que as subvencións estaban resoltas amosa unha falta de credibilidade no Alcalde Julián Bustelo, sendo ademáis un momento político sensible, donde recentemente se expuxo a unha cuestión de confianza que non foi refrendada de forma positiva.
O portavoz do PSDG de Rianxo, Oscar Rial: “É inaceptable que, despois da situación que vimos vivindo nestas semanas, e manifestando de forma continua a falta de diálogo, a credibilidade do alcalde queda entredita, e os cidadáns de Rianxo vense prexudicados pola perda desta subvención. Esto é un dos motivos que remarca que este Goberno en minoría chega tarde, con presa, e co traballo xusto para cumprir coas obrigas dun Concello como Rianxo.” impacto na economía local e no Turismo
A perda destes 38.000 euros afectará negativamente á contratación de persoal para a Aula Activa do Mar e o Museo Manuel Antonio. Ambos servizos veranse minguados, o que terá un impacto directo no comercio e no turismo de Rianxo. A diminución da calidade e da oferta destes servizos culturais repercutirá na afluencia de visitantes e, polo tanto, na economía local.