Mar Carballas reclama que negocien e solucionen cos sindicatos presentes na Xunta de Persoal e Comité de empresa os problemas que veñen sufrindo dende hai anos (atrasos nos pagos, carreira profesional, actualización RPT, etc).
– A concelleira popular lamenta «a falta de diálogo e de talante de socialistas e nacionalistas» lembrando que » a situación de ninguneo ao persoal municipal chega ao extremo de que «mañá todos os sindicatos, sen excepción, se concentrarán diante da Casa Consistorial».
– Por último a popular lembra como en materia de persoal o Concello de Lugo suspende rotundamente «intenta facer unha garda pretoriana de afíns, privatiza servizos que poderían prestar con persoal propio e non cubren as vacantes, de feito hai máis dun cento de postos cubertos de forma temporal «trátase das vacantes cubertas por interinos e por persoal en adscripción provisional»