O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, destacou os programas e actividades que desenvolve Cáritas na provincia de Lugo para axudar ás persoas máis vulnerables e apoiar aos grupos de poboación en risco de exclusión.
Arias visitou a mesa de cuestación e información instalada hoxe pola entidade na explanada da Delegación Territorial e afirmou que seguirán contando coa colaboración do Goberno galego para traballar en favor da inclusión social.