O PP insiste na necesidade de cambiar o deseño das liñas de autobuses na cidade de Lugo

por Redacción Lugo

Na comisión de suxestións, que se celebrou esta mañá, o BNG admite que é preciso mellorar as rutas e se abre a estudar modificacións no transporte urbano o que dende o PP interpretan  que «cando o goberno local rectifica, acerta»

Tras analizar o informe da comisión de suxestións onde figuraban, NOVAMENTE varias queixas para pedir melloras nas liñas de autobuses urbanos VEMOS COMO POR FIN o BNG recoñece que estudará posibles alternativas “resulta chamativo que negasen de forma contundente e reiterada que o transporte urbano non se adaptaba ás necesidades dos lucenses e agora recoñecen que é necesario a súa reorganización”.

Os populares tamén solicitaron que se realicen os traballos oportunos co fin de minimizar os danos no itinerario alternativo durante as obras do casco histórico e polas respostas que se ofreceron se confirma que “seguimos sen unha folla clara de planificación e una falta de transparencia que afecta sobre todo ao pequeño comercio que segue sendo o máis esquecido”.

Os populares lamentan a falta de traballo do goberno local en cuestións como os problemas de inseguridade viaria na rúa Monte Pena Rubia no BARRIO DE CASÁS xa que, despois de tres meses con problemas e logo de que a Xunta ofrecese en decembro a súa colaboración e traballar de forma coordinada, o Concello non deu ainda ningún paso.

As respostas que nos dan en comisión confirman que o goberno local móvese a golpe das denuncias do PP e poñen como exemplo o estado da fonte situada en Alfonso X o Sabio que se limpou unhas horas antes de que se celebrase a comisión.

Tamén lamentamos que intentenn minimizar PROBLEMAS DE INSALUBRIDADE como o caso das POMBAS no barrio do Castiñeiro que están causando problemas á veciñanza da zona limitándose a dicir que xa notificaran a incidencia cando é un problema que se ven arrastrando de varios meses.

Con respecto ás cuestións que presentamos da ZONA RURAL “máis do mesmo” xa que dicir que toman en consideración ou están nelo o único que reflicte é que non se planifica e que hai déficits moi importantes en cuestións relativas ao mantemento”.

Os populares conclúen que as iniciativas do PP obrigan ao goberno local a moverse, os populares explican que “seguimos marcando o ritmo co rexistro de preguntas e rogos que presentamos nas comisións de pleno.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario