NNXX achega a campaña ás europeas ao Campus Terra de Lugo

por Redacción Lugo

A presidenta de NNXX de Galicia, Nicole Grueira, xunto a membros de Novas Xeracións na cidade de Lugo sumáronse hoxe á campaña electoral das europeas cun reparto de publicidade e conversa co alumnado do campus de Lugo.

A tamén deputada autonómica por Lugo convidou a apoiar ao Partido Popular o vindeiro 9 de xuño porque «Europa ten cada vez maior peso en asuntos relacionados coa xuventude».

O Partido Popular aposta pola igualdade de oportunidades para os mozos e mozas de contornas rurais en materia de infraestruturas, servizos públicos e dixitalización real para fomentar a economía. Tamén defende en Europa os programas Erasmus, garantir o acceso á vivenda e facilitar o emprendemento ou as primeiras oportunidades laborais.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario