Esta nova zona estará situada na Avenida de Madrid, con saída á rúa San Sebastián e a escasos metros do CEIP Rosalía de Castro. Contará con 51 aparcadoiros asfaltados, iluminados e delimitados, asegurando así unha experiencia de aparcamento cómoda e segura para quen o empregue. Outro detalle que non pasará desapercibido será a integración arquitectónica dos contedores, que se adaptarán ao entorno para manter a estética da zona. Isto reafirma o compromiso do Concello de Xinzo de Limia con un desenvolvemento urbano sostible, harmonioso e focalizado nos viandantes.
O investimento total nesta iniciativa ascende a 40.000 euros financiados íntegramente polo Concello de Xinzo de Limia. A negociación para o desenvolvemento deste proxecto comezou a principios do ano, encabezada por Moncho Gómez, concelleiro responsable de urbanismo e mobilidade, e culminou nun acordo de arrendamento de cinco anos.
A obra xa foi adxudicada e informada, polo que os traballos de acondicionamento están a piques de comezar. Este aparcadoiro, que se suma ó da Avenida de Celanova e o da Rúa Curros Enríquez, enmárcase dentro dun plan de mobilidade que próximamente se estenderá tamén ó Barrio do Polígono. Tamén informamos de que pronto se volverá poñer a punto o aparcadoiro sito na Curros Enríquez, que non goza dun firme en asfalto por mor da tipoloxía do contrato de cesión cos seus propietarios.