O país do fútbol. Por @DulceCorcu

Por lonxe que vivas do teu fogar natal, ás veces algo tan cotián coma o fútbol convertese nese outro país que une e fai familia. É o caso de Mamadou, ex xogador do Lira que este domingo estivo nas Eiroas vendo aos que foran os seus compañeiros pelexar polo ascenso (que finalmente conseguiron) pero tamén animando a un compatriota que militaba no outro equipo, o Sofán «B» que desde hai uns meses conta co xove Saydou entre os seus xogadores destacados. 

Senegal no corazón pero Galicia no horizonte, o lugar do que xa son parte e no que viven co balón como protagonista, cos campos da Costa como nexo de unión entre os xogadores que comparten orixes. É aí, no verde, onde medran amizades que suplen, dalgún xeito, a distancia afectiva que os separa do seu berce. Mamadou non pode adestrar por incompatibilidade co seu horario laboral, polo que actualmente non milita en ningún equipo, mentres Saydou xa ten demostrado que hai un futuro agardando pola súa calidade e físico de atleta. Os dous chegaron por diferentes vías, viven en sitios distintos….Pero acabaron atopándose grazas a ese país que non ten patria: o do fútbol. 

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios