As axudas están destinadas a autónomos e pequenas empresas con sede en municipios de menos de 10.000 habitantes, co obxectivo de fomentar o emprego e a actividade económica no rural
A liña de axudas PEL-Emprende para investimentos da Deputación da Coruña destina este ano 3.954.376 euros para apoiar a 427 pequenas empresas e profesionais autónomos da provincia na realización de investimentos vinculados ao desenvolvemento dos seus negocios.
A concesión das axudas publícase hoxe luns, 3 de xuño, no Boletín Oficial da Porvincia e supón un importante apoio económico – de entre 2.450 e 17.500 euros- para 427 microempresas, pemes e autónomos con sede en concellos rurais (de menos de 10.000 habitantes) coas que poderán adquirir aplicacións informáticas, mobiliario, maquinaria ou equipos de información necesarios para o crecemento, modernización e dixitalización dos seus negocios.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, afirmou que “os investimentos desta liña do PEL contribúen a consolidar e modernizar o tecido empresarial da provincia, facéndoo máis competitivo e dando un apoio fundamental para as persoas emprendedoras que apostan por crear un negocio, especialmente nos concellos máis pequenos da provincia”.
Axudas fundamentais para impulsar o emprego no rural
Formoso destacou que “unha das liñas estratéxicas da acción política da Deputación da Coruña neste mandato é a creación de emprego e actividade económica no rural, un aspecto fundamental se queremos fixar poboación e apostar por un rural vivo e con futuro”, afirmou o presidente, que destacou a “elevada demanda” coa que conta esta liña de axudas do PEL, o que obrigou a incrementar o orzamento do mesmo nun 43%, pasado dos 2,7 millóns orzamentados inicialmente a preto de 4 millóns de euros, “co obxectivo de atender o maior número posible de solicitudes”.
Ademáis, o presidente lembrou que esta liña complementa a outros programas da Deputación como PEL-PEMES e PEL-Concellos, que este ano crearon xa 737 empregos tanto nos concellos como nas pequenas empresas da provincia.
As axudas PEL-Emprende Investimento cubren ata o 70% dos investimentos realizados en aplicacións informáticas, maquinaria, mobiliario e equipos para procesos de información, cun importe máximo de 17.500 euros. Todos os investimentos deben ser elementos novos e directamente relacionados coa actividade da empresa.
Do total de entidades beneficiarias, o 79,86% son profesionais autónomos/as, con 341 solicitudes concedidas e un 87,35% das solicitudes concedidas pertencen a sectores estratéxicos, emerxentes e de alto potencial de Galicia (frente ao 31,36% do ano 2023), dos cales 195 adícanse á actividade agrícola, gandeira, forestal e pesca.
Tamén cabe destacar que o 100% das empresas que reciben este ano as axudas de PEL-Emprende, non resultaron beneficiarias na convocatoria anterior e só un 3,14% foron beneficiarias algún outro ano. Cos criterios de valoración establecidos nas bases reguladoras o organismo provincial evidencia o esforzo por diversificar o apoio a novas empresas cada ano.
No referente á distribución das axudas por concellos onde se localiza o domicilio fiscal das empresas, cabe destacar que a meirande parte proveñen de Mazaricos con 39 concesións,acadando así o 12,64% do orzamento total (498.435,12 €), seguidas dos concellos de Fisterra e Val do Dubra en número de concesións, con 23 e 22 respectivamente. Entre os tres concellos supoñen preto do 20% das solicitudes concedidas. Sen embargo, no referente a distribución do orzamento por concellos, o concello de Mazaricos segue sendo o que acadou a maior parte do mesmo, pero o segundo máis beneficiado pasa a ser o concello da Baña con 17 concesións pero cun importe que ascende a 219.477,49 € seguido do de Fisterra que as 23 concesións alcanzan un importe de 138.662,95 €.
En relación co anterior tamén cabe resaltar que 174 beneficiarios/as teñen o seu domicilio fiscal en concellos de 2.001 a 4.000 habitantes (o que representa o 40,75% do total) e 122 dos beneficiarios teñen o domicilio fiscal nun concello con poboación de 5.001 a 10.000 habitantes (o que representa o 28,57 % do total). O dato mostra un maior avance nas concesións a municipios máis pequenos respecto doutros anos, comparándoo coa concesión do 2023, os máis favorecidos ese ano foron os municipios de entre 5.001 a 10.000 habitantes (cun 38% das concesións) quedando este ano en segundo lugar en prol dos municipios máis pequenos.
Estes datos mostran que os criterios establecidos na convocatoria son efectivos á hora de favorecer ás persoas autónomas, así como aos concellos máis rurais da provincia, cun 100% dos beneficiarios en concellos de menos de 10.000 habitantes e máis da metade das concesións en concellos de menos de 4.000 habitantes (57,37%).
Dsitribución das axudas por comarcas
Atendendo á distribución por comarcas, a de Santiago, é a que conta cun maior número de solicitudes concedidas con 151, o que supón 1.542.825,86 € en axudas, seguida da comarca de Bergatiños-Costa da Morte, cun total de 100 e un importe concedido de 735.740,05 €. Entre ambas comarcas concéntranse o 58,78% das solicitudes concedidas.
A estas comarcas séguenlles a de Ferrolterra, Eume e Ortegal, con 70 solicitudes concedidas por importe de 522.228,25 € e a de Barbanza con 67 concesións, pero cun importe concedido maior que ascende a 718.430,19 €. As restantes, pertencen á comarca de Coruña- Betanzos, con 39 solicitudes concedidas e un montante en axudas de 422.846,34 €.
Este programa de axudas non só proporciona un impulso financeiro necesario, senón que tamén fomenta a modernización e competitividade das microempresas e autónomos na provincia. Cun respaldo sólido e un enfoque estratéxico, a Deputación dá Coruña reafirma o seu compromiso co desenvolvemento económico local e o apoio ao emprendemento.
Pode consultar a listaxe completa das solicitudes concedidas no BOP
TÁBOA DE DISTRIBUCIÓN DA CONCESIÓN POR COMARCAS E CONCELLOS
Concello | N.º | % concedidas G. comarca | Importe solicitado | Importe concedido | |
BARBANZA | CARNOTA | 14 | 3,28 % | 111.408,24 € | 111.408,24 € |
LOUSAME | 4 | 0,94 % | 40.827,91 € | 40.827,91 € | |
MAZARICOS | 39 | 9,13 % | 542.155,60 € | 498.435,12 € | |
MUROS | 2 | 0,47 % | 20.099,80 € | 20.099,80 € | |
OUTES | 3 | 0,70 % | 11.154,82 € | 11.154,82 € | |
POBRA DO CARAMIÑAL, A | 1 | 0,23 % | 17.268,30 € | 17.268,30 € | |
PORTO DO SON | 4 | 0,94 % | 19.236,00 € | 19.236,00 € | |
BARBANZA Resultado | 67 | 15,69 % | 762.150,67 € | 718.430,19 € | |
CARBALLO | CABANA DE BERGANTIÑOS | 6 | 1,41 % | 62.376,59 € | 61.416,59 € |
CAMARIÑAS | 3 | 0,70 % | 19.092,50 € | 19.092,50 € | |
CEE | 6 | 1,41 % | 49.307,59 € | 49.307,59 € | |
CORCUBIÓN | 9 | 2,11 % | 46.687,70 € | 46.687,70 € | |
CORISTANCO | 1 | 0,23 % | 16.999,00 € | 16.999,00 € | |
DUMBRÍA | 12 | 2,81 % | 100.362,95 € | 100.362,95 € | |
FISTERRA | 23 | 5,39 % | 138.662,95 € | 138.662,95 € | |
LAXE | 9 | 2,11 % | 52.514,43 € | 52.514,43 € | |
MALPICA DE BERGANTIÑOS | 2 | 0,47 % | 7.489,70 € | 7.489,70 € | |
MUXÍA | 9 | 2,11 % | 64.041,95 € | 64.041,95 € | |
PONTECESO | 11 | 2,58 % | 86.993,59 € | 86.993,59 € | |
VIMIANZO | 4 | 0,94 % | 19.206,60 € | 19.206,60 € | |
ZAS | 5 | 1,17 % | 72.964,50 € | 72.964,50 € | |
CARBALLO Resultado | 100 | 23,42 % | 736.700,05 € | 735.740,05 € | |
CORUÑA | ARANGA | 6 | 1,41 % | 43.713,09 € | 43.713,09 € |
CARRAL | 2 | 0,47 % | 20.429,85 € | 20.429,85 € | |
COIRÓS | 5 | 1,17 % | 53.546,35 € | 53.546,35 € | |
CURTIS | 6 | 1,41 % | 47.084,76 € | 47.084,76 € | |
IRIXOA | 1 | 0,23 % | 15.750,00 € | 15.750,00 € | |
MESÍA | 1 | 0,23 % | 17.500,00 € | 17.500,00 € | |
MIÑO | 1 | 0,23 % | 5.789,00 € | 5.789,00 € | |
OZA-CESURAS | 1 | 0,23 % | 6.823,21 € | 6.823,21 € | |
PADERNE | 2 | 0,47 % | 28.000,00 € | 28.000,00 € | |
SOBRADO | 11 | 2,58 % | 157.260,08 € | 147.260,08 € | |
VILASANTAR | 3 | 0,70 % | 36.950,00 € | 36.950,00 € | |
CORUÑA Resultado | 39 | 9,13 % | 432.846,34 € | 422.846,34 € | |
FERROL | ARES | 1 | 0,23 % | 14.215,39 € | 14.215,39 € |
CABANAS | 6 | 1,41 % | 52.764,87 € | 52.764,87 € | |
CAPELA, A | 3 | 0,70 % | 26.342,13 € | 26.342,13 € | |
CARIÑO | 6 | 1,41 % | 57.690,36 € | 57.690,36 € | |
CEDEIRA | 9 | 2,11 % | 62.350,35 € | 62.350,35 € | |
CERDIDO | 7 | 1,64 % | 60.192,89 € | 60.192,89 € | |
MAÑÓN | 2 | 0,47 % | 5.194,00 € | 5.194,00 € | |
MOECHE | 6 | 1,41 % | 38.271,77 € | 38.271,77 € | |
MONFERO | 4 | 0,94 % | 24.280,24 € | 24.280,24 € | |
ORTIGUEIRA | 7 | 1,64 % | 55.143,27 € | 51.143,27 € | |
PONTEDEUME | 5 | 1,17 % | 34.709,70 € | 34.709,70 € | |
PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, AS | 2 | 0,47 % | 13.126,26 € | 13.126,26 € | |
SAN SADURNIÑO | 5 | 1,17 % | 22.924,53 € | 22.924,53 € | |
SOMOZAS, AS | 4 | 0,94 % | 30.382,86 € | 30.382,86 € | |
VALDOVIÑO | 2 | 0,47 % | 14.062,13 € | 14.062,13 € | |
VILARMAIOR | 1 | 0,23 % | 14.577,50 € | 14.577,50 € | |
FERROL Resultado | 70 | 16,39 % | 526.228,25 € | 522.228,25 € | |
SANTIAGO | ARZÚA | 10 | 2,34 % | 100.847,41 € | 100.847,41 € |
BAÑA, A | 17 | 3,98 % | 224.344,89 € | 219.477,49 € | |
BOIMORTO | 4 | 0,94 % | 35.675,32 € | 35.675,32 € | |
BOQUEIXÓN | 5 | 1,17 % | 69.899,68 € | 63.524,68 € | |
BRIÓN | 5 | 1,17 % | 71.475,17 € | 71.475,17 € | |
DODRO | 3 | 0,70 % | 28.967,70 € | 28.967,70 € | |
FRADES | 8 | 1,87 % | 94.501,80 € | 94.501,80 € | |
MELIDE | 5 | 1,17 % | 45.402,00 € | 45.402,00 € | |
NEGREIRA | 5 | 1,17 % | 50.663,66 € | 50.663,66 € | |
OROSO | 8 | 1,87 % | 48.142,98 € | 48.142,98 € | |
PADRÓN | 2 | 0,47 % | 16.940,04 € | 16.940,04 € | |
PINO, O | 2 | 0,47 % | 12.005,00 € | 12.005,00 € | |
ROIS | 4 | 0,94 % | 32.305,70 € | 32.305,70 € | |
SANTA COMBA | 17 | 3,98 % | 178.391,00 € | 177.891,00 € | |
SANTISO | 3 | 0,70 % | 29.313,20 € | 26.734,21 € | |
TOQUES | 2 | 0,47 % | 10.413,18 € | 10.413,18 € | |
TORDOIA | 6 | 1,41 % | 64.221,45 € | 63.721,45 € | |
TOURO | 8 | 1,87 % | 112.836,35 € | 102.086,35 € | |
TRAZO | 10 | 2,34 % | 87.568,15 € | 87.568,15 € | |
VAL DO DUBRA | 22 | 5,15 % | 203.923,09 € | 203.923,09 € | |
VEDRA | 5 | 1,17 % | 50.559,48 € | 50.559,48 € | |
SANTIAGO Resultado | 151 | 35,36 % | 1.568.397,25 € | 1.542.825,86 € | |
Total Resultado | 427 | 100,00 % | 4.026.322,56 € | 3.942.070,69 € |