A dirixente do PP na provincia presidiu unha reunión con alcaldes, portavoces e concelleiros da comarca da Montaña na que participaron diversos representantes do PP lucense coma Alfonso Villares ou Francisco Conde.
- A presidenta do PP lucense lembrou que «case dous anos despois da caída dunha ponte do viaduto do Castro a vía só dispón dun carril habilitado na zona» e o resto da A-6 está nun estado que impide empregar o carril dereito, unha situación que prexudica a transportistas e veciños da Montaña»
- Apelando á «unión e compromiso» do PP comarcal, Candia pediu o voto para o Partido Popular para defender aos gandeiros da Montaña en Europa, onde se adoptan medidas que afectan directamente ao seu día a día
- Alfonso Villares incidiu en que «a nosa formación ten moi presente ao noso sector primario, moi importante na provincia» polo que o PP reclama que os próximos comisarios de Agricultura e de Pesca sexan do Grupo Popular