Elena Candia: «A incerteza sobre Alcoa, o veto á pesca de arrastre e a protección do lobo son “claros exemplos dos prexuízos das políticas de PSOE e BNG na Mariña”

por Redacción Lugo

A presidenta do PP lucense, Elena Candia, pechou a campaña ás europeas nun mitin en Viveiro onde interviñeron Alfonso Villares e Mariña Gueimunde.

  • Elena Candia pediu o apoio ao PP porque «precisamos políticas con sensatez e Gobernos con sentidiño que defendan os nosos sectores económicos estratéxicos, as nosas infraestruturas e con representantes que se poñan do lado dos nosos pescadores e gandeiros»
  • Alfonso Villares apelou ao «voto útil» ao PP, «o partido da pesca e da industria», e sinalou a «Pedro Sánchez e os seus socios independentistas -coma o BNG- de ser «os responsables da ameaza do peche que pesa sobre Alcoa dende hai tantos meses»
  • Mariña Gueimunde chamou a «facer os deberes» acudindo a votar ao Partido Popular «demostrando o que somos: un pobo que prefire a xestión do sentidiño, de ter as cousas claras e de defender á xente sen deixarnos coaccionar nin vendernos a costa de perpetuarnos no poder»
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario