O PP pide ao BNG «que se tome en serio o Consello Escolar Municipal» e reclama a súa inmediata convocatoria

por Redacción Lugo

Ante o incumprimento da palabra dada polos nacionalistas (xullo2023) de que activarían este órgano de participación o Grupo Municipal presenta un ROGO A PLENO

  • Pese a que había o compromiso do goberno local de activar este órgano no pasado mes de outubro “seguimos esperando cando estamos a punto de cumprir un ano de mandato, e co curso escolar a piques de rematar”
  • A reflexión que fan os populares sobre a necesidade de activar esta canle de participación é compartida pola sociedade tal e como cuidemos comprobar, recentemente, en actividades públicas nas que membros do goberno estaban presentes.
  • Javier Vázquez explica que “somos da idea de que dende os concellos se pode facer moito polos nenos e nenas e, non entendemos porque os nacionalistas desaproveitan a posibilidade de participación que lles brinda este foro”.
  • Por este motivo o Grupo Popular presenta un rogo ao vindeiro pleno co ánimo de abrir de forma inmediata esta canle de participación.

Historial de inactividade

  • O 20 de xullo de 2023, o Grupo Municipal do PP presentou ROGO na Comisión de Cultura para que se procedese á activación do órgano colexiado do Consello Escolar de Lugo, despois de que durante o pasado mandato unicamente se reunise en dúas ocasións. O representante do BNG comprometeu facer unha xuntanza para outubro que non chegou nin a convocarse.
  • O rogo que se rexistra para o pleno de abril é o seguinte: Solicitamos que  “Sexa convocado o Consello Escolar Municipal, dando participación e recursos aos seus compoñentes e ao Servizo de Educación do Concello, na procura de dar resposta á problemática e dificultades existentes no eido da educación, e concretamente nos centros educativos de Lugo”.
  • Vázquez lembrou como no anterior mandato dende o PP  instamos, en varias ocasións, para que o Consello Escolar Municipal fose un órgano máis dinámico criticando do BNG  a  discrepancia entre o que predica e practica cando está no goberno.
  • Nas comisións desta semana os populares preguntarán se o goberno loca acometeu as reparacións ou melloras en centros educativos da súa competencia e que o Grupo Popular lles comunicou no inicio do curso escolar.
  • Os populares lamentan “a falta de planificación en cuestións relacionadas co mantemento dos centros escolares así como coa cobertura dos bedeis o que orixinou varios conflitos nos últimos meses”.
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario