O PP solicita unha bonificación do 50% do IBI no rural para frear a perda de poboación nas parroquias

por Redacción Lugo

O concelleiro Emilio Vázquez denuncia que o goberno de José Tomé non está a poñer os mecanismos necesarios para evitar o descenso de poboación nas parroquias do rural de Monforte, que nos últimos 23 anos, segundos os datos do INE, perderon 1.468 veciños, ao pasar dos 3.753 de ano 2000 aos 2.285 do 2023.

 Emilio Vázquez insta ao goberno local a traballar para reverter esta constante perda de poboación xa que «consideramos que José Tomé non está a facer todo o que debería» para deter esta baixada constante

·          O popular insta ao goberno local a preocuparse porque os veciños das parroquias teñan os mesmos servizos que os da zona urbana, xa que no rural hai moitos núcleos que carecen de saneamento, recollida diaria do lixo ou acceso á telefonía e Internet.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario