Lugo. O PP pide responsabilidades políticas polo varapau da sentenza do cese da xefa de persoal

por Redacción Lugo

Para Candia os feitos acreditan que “Lugo está gobernado por malas personas e peores xestores”

Segundo se recolle no ditamen xurídico queda claro que “foi unha decisión política a de apartar a esta traballadora do seu posto e  isto non o di o PP senón que o di o Xulgado e o avala, agora, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A sentencia de instancia di, en expresións que se recollen de novo agora, que a resolución se basea en «valoraciones eminentemente subjetivas», «se señalan datos parciales e incompletos»; «no se acompañan los expedientes completos”.

Responsabilidades políticas

Logo deste novo varapau xudicial ao goberno local, e unha vez coñecida a demoledora sentenza que obriga ao concello a incorporar no seu posto de traballo a citada funcionaria, pedimos que PSOE e BNG  asuman as súas responsabilidades políticas neste caso.

O varapau xudicial pon de manifesto que o cese da Xefa de Persoal “foi arbitrario” co que debería levar aparellada a dimisión da responsable o responsables de dar as instrucións para “vestir o procedemento” e destituír a esta traballadora.

Os populares ironizaban que “cabría esperar que a dilixencia que tivo a  Sra. Alvarellos para reunirse coa prensa, a tivese agora para recoñecer o seu erro e asumir as responsabilidades que lle corresponden.

150 prazas cubertas de forma provisional

Os populares denuncian o entramado que ten montado o PSOE e o BNG no concello de Lugo para controlar ao persoal explicando que hai preto de 150 postos cubertos de forma temporal “trátase das vacantes cubertas por  interinos e por persoal en adscripción provisional”.

Esto significa que o goberno local utiliza o concello como axencia de colocación e que frea a promoción profesional dos funcionarios.

Comparte éste artículo
1 Comment