O PP traslada á Policía Nacional e á Garda Civil o acordo no Senado para recoñecer o risco da profesión e as súas demandas para que se beneficien á hora da xubilación 

por Redacción Lugo

A presidenta provincial e os senadores lucenses mantiveron un encontro con representantes dos sindicatos da Policía Nacional e de asociacións da Garda Civil da provincia.

  • Elena Candia subliñou o compromiso do PP de Lugo de «coidar aos que nos coidan» e avanzou a vontade da formación por continuar escoitando as demandas do colectivo para mellorar as súas condicións laborais porque redunda «na atención cidadá»
  • «Recoñecer o risco da súa profesión é de sentido común», segundo subliñaron os populares que tamén coincidiron cos representantes dos Corpos do Estado en reivindicar «as mesmas condicións» que os colectivos da Policía local ou autonómica
  • Á vista da súa «transcendencia», os populares lucenses piden axilizar a tramitación da lei no Congreso de forma que «beneficie a tódolos efectivos, con independencia de que estean no réxime da Seguridade Social ou en clases pasivas»
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario