Museo escolar do patrimonio triacastelá

por 21 Noticias

O vindeiro luns abre as súas portas o museo ‘O teu pasado, o meu presente’ no CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela, o Museo escolar do patrimonio triacastelá.

Poderase visitar dende o vindeiro luns 10 ata o venres 21, en horario de 09:30 a 13:30 horas. Despois, dende o luns 24 ata o venres 28 concertando cita previa no 982828289. O acceso é libre para calquera persoa interesada no patrimonio triacastelá. O acceso é libre para calquera persoa interesada no patrimonio triacastelá.

Contido

O museo conta con catro estancias formadas por recreacións artísticas feitas na súa totalidade polo alumnado e acompañadas dunha breve descrición:
– A do patrimonio natural alberga o Monte Oribio coa súa cume, a Pena Sóa; o Río Oribio e a Castiñeira Centenaria de Ramil.
– A do patrimonio arquitectónico e arqueolóxico: a Alvariza, a Cova Eirós, o Pombal de Celeiro e unha recreación do Castro de Triacastela.
– O patrimonio cultural e lingüístico: a cachena, o Apalpador, un libro de refráns e lendas, un libro con pareados feitos polos nenos e varias obras publicadas polo Concello e a Xunta sobre a riqueza do municipio.
– O patrimonio histórico inclúe o Camiño Real do Oribio, a Ferrería e a Capela de San Mamede.

Ademais, hai tres vídeos para proxectar no recuncho audiovisual, relacionados todos eles coa riqueza patrimonial do Concello de Triacastela.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario