Un particular atopou esta tarde o cadáver calcinado dunha persoa nunha parcela de Santa Cristina de Vea, A Estrada, preto do quilómetro 16 da estrada PO-841. A alarma salta as 14.20 horas, cando un particular chama ao 112 tras notar unha columna de fume.
O 112 púxose en contacto co distrito forestal, que enviou axentes para inspeccionar a zona. Pouco despois, confirmouse o achado do corpo calcinado nas lapas, trátase de un home de 75 anos.
Ata o lugar desprazouse a Policía Xudicial da Garda Civil para iniciar unha investigación sobre o sucedido e tratar de identificar o falecido. O lume, que comezou sobre as 14:00 horas, quedou controlado antes das 15.00 horas, afectando só a 0,1 hectáreas.