O secretario xeral do PSdeG e portavoz do Grupo Socialista no Parlamento galego, José Ramón Gómez Besteiro, lembrou hoxe en Madrid as causas de que a autopista do Atlántico aínda sexa unha vía de pago. “Se non fose porque Aznar prorrogou a concesión ata ao 2048, hoxe a AP-9 estaría libre de peaxes”, sinalou Besteiro en declaracións aos medios ás portas do Congreso, onde esta tarde defenderá a toma en consideración da Proposición de Lei Orgánica de transferencia da titularidade da autopista a Galicia.