O Concello aboará en total de 269.237,78 euros, dividido nas persoas titulares das parcelas
A Coruña, 12 de xuño de 2024.- A alcaldesa, Inés Rey, presidiu este mércores a sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, que aprobou inicialmente o proxecto de expropiación de terreos para a ampliación da Planta de Residuos de Nostián.
En total, o proxecto recolle 91 parcelas do polígono 13 que se corresponde cunha superficie de 122.512,56 m2 entre todos os terreos. Rey explicou que se trata da primeira fase das expropiacións previstas, á que se sumará outra semellante para completar a ampliación da planta.
O prezo unitario por metro cadrado improdutivo ou matorral fixouse en 0,51 €, 2,67 € no caso de monte maderable e 22,36€ no de labradío. O Concello aboará en total de 269.237,78 euros, dividido nas persoas titulares das parcelas. O investimento corre a cargo do Orzamento Municipal de 2024. «Este é un paso necesario para a licitación da renovación de Nostián, proceso que estamos ultimando e que suporá un investimento de 368 millóns de euros» sinalou a alcaldesa.