Antonio Ameijide: «Tomé minte sobre a chegada da Alta Velocidade a Lugo, sabe que as vías non están preparadas para asumir velocidades de máis de 250km/h»

por Redacción Lugo

Antonio Ameijide recorda a Tomé que a Alta Velocidade non é contar cunha estación intermodal xa que «para que Lugo poida ter Alta Velocidade ferroviaria os trens teñen que superar os 250km/h de velocidade media, chegando a puntas de 300km/h, e as vías non están preparadas para asumir esas velocidades e o PSOE eliminou os proxectos para facer as variantes que prepararían as vías para ese fin»

“José Tomé segue instalado na política da mentira e do engano aos lucenses”. Así de contundente se amosou o voceiro provincial Antonio Ameijide tras coñecer as declaracións do presidente da Deputación sobre a chegada a Lugo da Alta Velocidade ferroviaria no ano 2025.

“Tomé afirmou que co remate da construción da intermodal en 2025 Lugo xa contará con Alta Velocidade pero sabe perfectamente que non é así”, afirmou Ameijide, que recorda que a Alta Velocidade ferroviaria supón que os trens circulen a velocidades superiores aos 250km/h de media, con puntas que superen os 300km/h, “e as vías actuais que hai na provincia non están preparadas para asumir esas velocidades e o PSOE eliminou os proxectos para construír as variantes necesarias para adaptar o trazado a esas velocidades”.

Antonio Ameijide tamén agradeceu os anuncios realizados polo ministro de Transportes, Óscar Puente, con respecto a autovía A-54 (Lugo-Santiago) pero recordoulle “os moitos deberes pendentes que hai coa provincia e que onte lle remitimos por carta” xa que “non pode esquecer que Lugo é a provincia máis illada de España en materia de infraestruturas e isto ten que cambiar”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario