As Juventudes Socialistas de España posiciónanse en contra da megacelulosa de Altri

por Redacción Galicia

As Juventudes Socialistas de España, as JSE, posiciónanse en contra da celulosa que a multinacional portuguesa Altri quere instalar no concello lugués de Palas de Rei. Seguindo os movementos que a federación galega da organización socialista moza tomou xa no pasado mes de marzo, as JSE convértense na primeira organización moza de ámbito estatal en pronunciarse en contra de Altri.

A posición da organización fixouse ao aprobar o Comité Federal das Juventudes Socialistas de España (JSE), o máximo órgano entre congresos, antonte unha resolución, a proposta das Xuventudes Socialistas de Galicia, con máis do 94% dos votos a favor na que a organización socialista moza rexeita o proxecto de Altri en Palas de Rei e denuncia a falta de garantías sobre a sostibilidade do mesmo. Así, destacan a captación dunha cantidade de auga diaria equivalente ao consumo da poboación da provincia de Lugo nun só día, así como a incerteza sobre os efectos da variación do caudal do Ulla e da contaminación na conca do río e na ría de Arousa.

Con esta resolución, as JSE instan á Xunta a exercer as súas competencias en planificación forestal para paralizar o proxecto e denuncian o desleixo do goberno autonómico neste ámbito que cualifican como vital para Galicia. “Uno de los motivos por los que Altri ha elegido Galicia es por la vigente moratoria a nuevas plantaciones de eucaliptos hasta 2030 del gobierno de Portugal tras los graves incendios del 2017”, destacan en la resolución. “En Galicia, la misma Xunta de Galicia reconoció en 2021 que la plantación de esta especie estaba llegando a sus límites, aplicando una moratoria propia hasta 2025 y sin tomar ningún tipo de medida tras los incendios de Galicia de 2017, generados en la misma ola de incendios que los de Portugal”, recuerdan.

O Secretario Xeral das XSG, Xurxo Doval, reclama “facerlle caso ás entidades veciñais e ecoloxistas, dende a Ulloa ata a ría de Arousa”, colectivos aos que felicita e amosa o apoio da organización galega. Na súa intervención na quenda destinada para a expresión dos secretarios e das secretarias xerais das federacións de cada comunidade autónoma, puxo en valor as sucesivas mobilizacións que a veciñanza da Ulloa, do Salnés, do Barbanza e de toda Galicia veñen realizando nos últimos meses.

O Secretario de Organización das Xuventudes Socialistas, Enrique García, que defendeu a resolución perante os delegados e as delegadas de toda España, destacou a necesidade dunha industria sostible con retorno no territorio para unha transición ecolóxica xusta. “Frente a la pleitesía al poder económico de unos y a la negación de la transición ecológica de otros, nosotros y nosotras, Juventudes Socialistas de España, volvemos a apostar por la protección del medioambiente al mismo tiempo que se desarrollan proyectos de transición ecológica que tengan un retorno directo allí donde se instalen”, proclamou.

Adicionalmente, as Xuventudes Socialistas de Galicia fixeron dende o Comité Federal a continuar coas mobilizacións contra o proxecto de Altri e animaron a toda a cidadanía a participar nelas, destacando a importancia da que terá lugar o próximo domingo e Santiago de Compostela.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario