Falece José Rouco, coñecido empresario de Vilalba, por unha posible indisposición ó volante

por Óscar de Souto

O coñecido empresario. José Rouco falecía esta mañá cando circulaba coa súa furgoneta por unha rúa de Vilalba que une a rúa Foz con Campo de Puente. Todo apunta a que a súa morte foi por causas naturais.

No tanatorio agardan unha importante afluencia de xente, era unha persoa moi coñecida, participaba activamente nas festas de San Ramón, participando en varias comisións de festas.

Acudiron a este sinistro as urxencias sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros do Concello de Vilalba, Policía Local da localidade.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario