O PP pide ao goberno local que solicite a ADIF a supresión dos 3 pasos a nivel que hai nun radio dun quilómetro na zona do accidente ferroviario desta mañá

por Redacción Lugo

Dende o Grupo Municipal do PP trasladan o seu pésame á familia da persoa falecida esta mañá nun accidente de tráfico no paso a nivel da parroquia lucense de Recimil.

Os populares explican como en apenas un quilómetro hai  3 pasos a nivel do tren sen barreiras e que son os que comunican San Vicente de Coeo e Recimil que foi onde tivo lugar o accidente; o que une San Vicente de Coeo e Corbelle e o terceiro que coincide co trazado da Vía Antoniana, un camiño que ten un especial interese cultural, posto que era unha vía que articulaba a comunicación entre Galicia e a Meseta e ten o recoñecemento de Ruta Romana Atlántica.

O PP leva dende o ano 2010 advertindo da  perigosidade destes puntos e apoiando as demandas veciñais que reclaman a desaparición dos 3 pasos a nivel que supoñen un «risco xa que nalgúns casos ao ter unha elevada pendente a visibilidade é moi escasa».

Foto. @sextaNoticias

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario