O BNG reuniuse coa veciñanza de Doiras (Cervantes) para esixirlle á Xunta de Galiza o mantemento deste consultorio

por Redacción Lugo

 O Bloque Nacionalista Galego de Cervantes convocou á veciñanza a unha xuntanza este venres 14 de xuño diante do consultorio de Doiras para valorar a situación dos servizos sanitarios tras facerse público a vacante da praza de médico neste consultorio.

Nesta xuntanza participaran xunto coa veciñanza de Doiras o responsabel local de Cervantes, Bernardo Vàldes, e a deputada no Parlamento Galego polo BNG, Olalla Rodil.

A veciñanza de Doiras trasladou ao Bng a súa preocupación pola situación na que vai quedar ese consultorio tras quedar vacante a praza de médico para os meses de xullo e agosto, «dende o BNG compartimos esa preocupación, e xunto coa veciñanza esiximoslle á Xunta de Galiza que aclare en que situación vai quedar o consultorio de Doiras durante o verán» pediu a deputada nacioanlista, «a experiencia demostranos que o PP vai desmantalando  sevizos de atención primaria, como pasou co consultorio de Parga ou o de Castro de Rei, ou coa redución da atención médica noutros concellos» expuxo Olalla Rodil.

As veciñas e os veciños de Doiras manifestaron que no caso de que a Xunta non se comprometa a manter o servizo médico en Doiras estudarán a convocatoria de mobilizacións. Olalla Rodil trasladoulle o seu apoio á veciñanza para manter este consultorio, «se for preciso mobilizarémonos para manter os servizos públicos fundamentais, evitando que a Xunta discrimine as persoas que viven no rural»

Dende o BNG demandamos un compromiso coa veciñanza de non peche deste consultorio pois defendemos a sanidade pública de todo o país especialmente o da zona da montaña lucense pois supón unha merma na calidade asistencial dos concellos da montaña nunha zona xeográficamente moi extensa e na que as distancias se multiplican por razóns orográficas

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario