Observación do ceo e das estrelas no Larouco

por Redacción Ourense

Dentro do ciclo de actividades OS MESES DO LAROUCO, o Club Parapente Baltar, en colaboración co Concello de Baltar e a plataforma Stop Eólicos A Limia Xurés Celanova, terá lugar o sábado 29 de xuño, a partir das 22,00 horas, ASTROLAROUCO 2024, unha xornada de observación astronómica guiada por un experto, que ofrecerá as explicacións dos astros que dende o alto da Serra do Larouco poderanse observar tanto a simple vista como con telescopio.

Son prazas limitadas (30 persoas). Para se inscribir, enviar mail a club.parapente.baltar@gmail.com

Á volta de correo recibiredes toda a información sobre o punto de reunión e acceso.

Os menores terán que ir acompañados por un titor que tamén ten que inscribirse. O por prezo son 10€ por persoa que deberán abonarse a un número de conta.

Foto portada: José Izquierdo

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario