Viaxou a Bruxelas unha ampla delegación do PPdeG ao Parlamento Europeo, unha viaxe de traballo de carácter municipalista que coincide co primeiro aniversario da toma de posesión das 28 alcaldesas do PPdeG –o partido con máis rexedoras de Galicia– e na que os populares galegos se marcan como obxectivo trasladar a Europa as prioridades da nosa Comunidade e especialmente dos concellos.
Os teus concelleiros en Europa, prioridades galegas para a lexislatura 2024-2029
Esta tarde celebraron no Parlamento Europeo, unha xuntanza na que participaron a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, as alcaldesas e representantes municipais do PPdeG de visita estes días en Bruxelas, entre as que se atopan distintas lucenses coma a presidenta provincial e portavoz do Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo, Elena Candia.
Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez os dous eurodeputados galegos exercen de anfitrións da visita, esta tarde encabezaron, xa no Parlamento, a sesión de traballo Os teus concelleiros en Europa, prioridades galegas para a lexislatura 2024-2029.e tamén estivo presente a portavoz da delegación española do Partido Popular Europeo e cabeza de lista nas pasadas eleccións, Dolors Montserrat, así como outros parlamentarios españois.